Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
TERÁ UNHA AUTONOMÍA DE PRETO DE 40 QUILÓMETROS

Sudáfrica prepara un prototipo de pombas mensaxeiras electrónicas para fins médicos

Nun país onde as zonas rurais son case inaccesibles, o proxecto do ministerio de Sanidade sudafricano traballa na maneira de transportar cincocentas mostras de doentes ao mesmo tempo, aos centros de análise

Redacción - 18:09 07/05/2007

Despois de o ter tentado con motos, burros, helicópteros e mesmo con auténticas pombas mensaxeiras, o Goberno sudafricano lanzará dentro de dous ou tres meses un prototipo de pomba mensaxeira electrónica, que permitirá comunicar os centros médicos rurais, situados a miudo en zonas inaccesibles para vehículos, cos laboratorios de análises clínicos no menor tempo posible.

Así, esta pomba (ou eJuba, en idioma zulú), dun metro de longo e 2,5 metros de ancho, e que ten unha autonomía de preto de 40 quilómetros -a distancia media de ida e volta entre os centros rurais e o laboratorio de análise máis próximo-, terá unha misión moi particular: no caso de epidemias ou de terremotos, ir recoller, aos lugares máis recónditos ou sanitariamente inaccesibles, mostras médicas para transportalas ao laboratorio de análise máis cercano.

Desde fai algún tempo, os laboratorios envían os resultados por sms aos centros de saúde, unha innovación que permite gañar moito tempo, nun país onde as necesidades de análise de sangue ou de cuspe son cada vez máis importantes debido á pandemia da sida, que afecta xa a máis de 5 millóns de persoas, e onde se sofre un recruamento da tuberculose.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: