Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O grupo perdera 12,5 millóns en 2006

Calvo sae da crise e aspira a cotizar en bolsa

A empresa conserveira presentou contas, subliñando a volta a beneficios no primeiro trimestre de 2007.

Redacción - 09:00 10/05/2007

"Calvo non se vendía nin se vende", subliñou o conselleiro delegado do grupo, Manuel Calvo García-Benavides, durante a conferencia de prensa en presentación das cifras de negocio. Asegurou ademais que non chegou a haber ningunha oferta firme de compra "porque non houbo intención de vender".

Cun beneficio, nos tres primeiros meses deste ano, de arredor de dous millóns de euros netos, Calvo dá por superada a crise recente. Así, o optimismo na empresa fai que de querer coñecer o seu valor no mercado para avaliar a posíbel venda, agora o grupo cosnerveiro cavile en "saír á bolsa en dous ou tres anos".

Na actualidade, a familia Calvo mantén o control de case o 80% do grupo. O resto repártese entre varios accionistas: Caixanova, Caja Castilla-La Mancha e Caja Burgos, e a curto prazo non pensan en darlle entrada a novos socios. Manuel Calvo asegura que os erros do anterior exercicio foron "detectados e corrixidos" e prognostica que 2007 será "un dos mellores da historia" para a empresa. En xaneiro de 2008 proxectan presentar un plan estratéxico que planifica a expansión cara a Latinoamérica, leste de Europa ou Oriente Medio.


3.5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: