Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MANIFESTO DENDE GALIZA

Medio cento de intelectuais e sindicalistas piden a supresión da Lei de Partidos

Defenden a necesidade de seguir traballando no proceso de paz vasco e de que se garanta a presenza de todas as candidaturas

Redacción - 14:18 10/05/2007

Ofrecémoslle o manifesto íntegro e a relación de asinantes:

No estado actual de estancamento do proceso de paz, queremos reforzar a maioritaria vontade de avanzar cara a un escenario de ausencia de calquera sorte de violencia, onde a sociedade civil sexa a protagonista, sen inxerencias de ningún tipo.

Tendo en conta a importancia das vindeiras eleccións municipais, manifestamos a nosa preocupación pola situación da esquerda abertzale ilegalizada. A exclusión deste sector social e político, obtura a posibilidade dunhas eleccións plenamente democráticas con presenza de todas as opcións realmente existentes na sociedade.

Por todo o devandito, dende Galiza persoas de ideoloxía plural e diversas sensibilidades, sumámonos ás simultáneas campañas realizadas dende outras nacionalidades e dende a capital do estado español a prol do proceso de paz e da participación electoral de tódalas opcións políticas sen exclusións, instando o goberno do PSOE e as forzas políticas parlamentares para que fagan todos os esforzos precisos para derrogar a Lei de Partidos. A referida Lei, consideramos, supón unha violación do dereito de asociación, de participación, así como da liberdade de expresión, tal e como veñen recoñecendo mesmo iniciativas xurídicas que agrupan xuíces, catedráticos, fiscais e avogados.

Solicitamos tamén á xudicatura que deixe de aplicar lexislacións e medidas de excepción como a anulación por parte do Tribunal Supremo de máis de trescentas candidaturas no País Vasco, recuperando a lexislación ordinaria e asegurando sen dilacións a participación electoral da esquerda abertzale.

Cabe afortalar o camiño cara a normalización política, comprometéndose todos os sectores implicados en aceptaren as vías democráticas e o respecto dos dereitos humanos; cabe abrir vías de diálogo a prol dun proceso onde todas as voces sexan escoitadas e respectadas, porque:

A paz é necesaria e posíbel.

Galiza, 7/5/2007

PRIMEIR@S ASINANTES

Xerardo Abraldes Fernández, sindicalista CIG
Antolín Alcántara, sindicalista CIG
Xosé Álvarez, profesor
Braulio Amaro Carballo, profesor
Anxo Angueira, profesor Universidade Vigo e escritor
Pilar Beiro Rodríguez, profesora e poeta
Xurxo Borrazás Fariña, escritor
Natanael Caeiro, traballador
Francisco Carballo, historiador.
Iago Castro, estudante
Ricardo Castro, traballador fabril e historiador
Xabier Cordal Fustes, profesor e poeta
Xosé Henrique Costas, catedrático Universidade Vigo
Uxío Breogán Diéguez Cequiel, historiador
Xosé Antón Dobao, linguista e director de cinema
Xosé Estévez, profesor Universidade de Deusto
Xosé Manuel Eyré, profesor e crítico literario
Eliseo Fernández, historiador
Francisco Fernández Rei, catedrático USC e membro RAG
Mercedes García Conde, traballadora social
Xosé Manuel García Crego, editor
Domingos Antón García Fernández, profesor filosofía
Santiago R. Gavín, traballador
Manuel Igrexas Rodríguez, profesor e escritor
Xosé A. Laxe Mantiñán, traballador
Celso López Pazos, profesor
Gustavo Luca de Tena, xornalista
Bernardo Máiz Vázquez, profesor e escritor
Ánxela Mariño López, profesora
Oriana Méndez, estudante
Alberte Pagán, profesor e cineasta
Dionisio Pereira, historiador
Luis Rei Núñez, bibliotecario
Carlos Ríos Vilaboa. profesor
Aitor Rivas, lector de galego Universidade Tübingen
Elvira Ribeiro, profesora e poeta
Jesús Ruiz, informático
Francisco Sampedro, profesor de filosofía e ensaísta
Xosé Luis Santos Cabanas, traballador USC e escritor
Carlos Taibo, profesor Universidade Autónoma Madrid
Alan Triñanes Filgueira
Dolores Varela Salgado, profesora
Carlos Velasco Souto, profesor Universidade Coruña
Isaac Xubín, traballador
Oscar Antón Pérez García, estudante
Rosa Castro
Xabier P. Docampo, profesor e escritor
Xulio Leal
Juan José Soto Vidal
Xabier Xil Xardón, estudante
Manuel Vidal Villaverde, escritor
Emma Lázare, profesora e tradutora
Xosé Mª Lema Suárez, historiador
Mario Regueira, escritor



Adhesións a nivel colectivo:
* Asociación Redes Escarlata


4,57/5 (21 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: