Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
Municipais07

PPdeG: Ameazas a España e calculadoras

Asegurou Núñez Feijoo que cando remate esta lexislatura, o goberno español non terá feito "nin unha nova obra" en Galiza. No mesmo acto en Noia, tivo protagonismo o eurodeputado Luís Herrero, quen falou dos "perigos" que amezan o Estado español.

Redacción - 09:00 16/05/2007

"Se non che fan caso os ministros faicho o líder da oposición", transmitiulle o presidente do PPdeG, ao secretario xeral do PSdeG, acusándoo de "insultar" os populares "porque se comprometeron co AVE", en referencia á promesa de Mariano Rajoy de acelerar o AVE a Galiza se consegue a presidencia do goberno español. Afirmou Feijoo que os socialistas "están nerviosos" e "cústalles pronunciar a palabra AVE".

De paso, aproveitou para criticar a ausencia do presidente da Xunta do debate deste luns na Galega: "preferiu non dar a cara e esconderse tras a Xunta". Feijoo insistiu en que no PPdeG están "cada día máis tranquilos" e advertiu de que se os socialistas están nerviosos "é o seu problema". "Levan vinte anos perdendo e aínda non saben perder", dixo. Referiuse a continuación ao secretario de organización do PSOE, Xosé Blanco, do que comentou que "anda coa calculadora de Ferraz e non lle saen as contas", polo que lle recomendou que "use a calculadora para medir o atraso das infraestruturas". "Déixate de calculadoras, Pepiño, vente por aquí e contámosche o que hai", afirmou ao final.

No mesmo acto, o eurodeputado Luís Herrero falou dos "perigos concretos, evidentes, cuantificables e demostrables" que ameazan o Estado español e denunciou o "separatismo a prazos", que segundo el pactou o actual goberno do PSOE para Euskadi. "España é unha gran nación, dixo, cualficando de "necios" a aqueles que "seguen a líderes necios e se empeñan en cuestionar que é o que somos". Fronte a iso, situou o PP como a única forza capaz de garantir que "non se pacte cos terroristas a segregación do modelo territorial" e reclamou a todos os noieses o voto para "afogar ese mal nunha marea de ben".


1.67/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: