Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
O SXG critica o sistema de axudas

A lingua "é unha rareza" nos medios malia estar "moi subvencionado" o seu uso

"Moitos profesionais seguen sen ser libres para informar en galego", láiase o Sindicado de Xornalistas de Galicia.

Redacción - 12:43 18/05/2007

Desde o Sindicato de Xornalistas de Galicia aproveitaron o 17 de maio para criticar a "práctica hipócrita" nos medios tradicionais de saír á rúa coa portada en galego só cada 17 de maio.

"A realidade do día a día é ben diferente", denuncia o SXG, indicando que son moitos os afiliados do colectivo que queren escribir máis en galego "pero non poden facelo debido as políticas empresariais, que obrigan ao uso do castelán en todas as áreas temáticas que non sexan, sobre todo, cultura ou opinión".

O SXG propón que o emprego do galego sexa, á beira da erradicación da precariedade laboral, un criterio chave "no reparto das importantes subvencións que, baixo a escusa de promover o galego, financian ás empresas da comunicación" en Galiza.

Máis na web do Sindicato.


4.64/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: