Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O prezo real das hipotecas

O endebedamento das familias non deixa medrar a economía estatal

O FMI prevé unha desaceleración nos prezos da vivenda, producida polo lento crecemento da economía, estancada ao baixar a capacidade de consumir.

Redacción - 19:01 18/05/2007
A burbulla inmobiliaria axuda a desacelerar o crecemento económico

A burbulla inmobiliaria axuda a desacelerar o crecemento económico

O endebedamento privado medrou a nivel estatal de tal xeito que o FMI alerta dun posíbel estancamento económico, xa que as familias están a consumir moito menos para poder pagar as hipotecas.

Segundo alertaron altos cargos para Europa do FMI, durante a súa revisión anual da economía estatal, a pouca capacidade de compra das economías privadas, sobre todo das familias, está a parar o crecemento económico, de tal xeito que este podería baixar aínda máis do 4 % que se rexistrou no primeiro trimestre do ano.

Que baixase a capacidade de consumo do sector privado débese ao aumento do número e do prezo das hipotecas, o que fai que este sector estea cada mes máis endebedado, incidindo nunha baixa nas actividades comerciais. Tamén a necesidade de competir na UE e a consolidación destas situacións están a facer que a economía medre moi paseniñamente.

O que o FMI recomenda para que a economía estatal medre é que se manteñan uns orzamentos privados inflexíbeis, isto é, intocábeis para asegurar o aforro das familias. Tamén falan dunha suba da inflación e do aumento da produtividade e da competitividade nas exportacións de produtos estatais como factores importantes no crecemento económico que é preciso.

Poderían baixar os prezos da vivenda

Nesta liña, o FMI agarda que vaian descendendo gradualmente os prezos da vivenda, entre o 2,5% e o 4% respeito ao nivel do 7,2% rexistrado no primeiro trimestre.

Para terminar, o FMI salientou que o sistema financeiro estatal sería tremendemente sensíbel de haber un "shock" financeiro, é dicir, de chegar a rebentar a chamada "burbulla inmobiliaria".


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: