Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
Municipais07

PSdeG: Ventando "a fin da Galiza coxa"

Touriño pediu o voto polo "cambio" en Monforte. Noutras prazas, Xosé Blanco e Josep Borrell, os convidados deste venres contra "as primarias" de Rajoy.

Redacción - 09:00 19/05/2007

"Axiña veremos a fin desa Galiza coxa, porque non hai ningunha razón para esta mutilación", comentou Emilio Pérez Touriño durante a súa intervención en Monforte de Lemos este venres. O secretario xeral do PsdeG falou da necesidade de "incorporar os concellos ao cambio que protagonizamos no Goberno" insistindo en que "os 315 municipios deben traballar na mesma dirección para crear unha Galiza de igualdade, equilibrada e xusta".

"Falan de se vén Aznar, de que se está Fraga, benvidos sexan, pero Galiza non quere mirar atrás", subliñou. Touriño desafiou ao PP a explicar por que rexeitaron proxectos recentes promovidos desde o goberno español, coma a reforma da Lei do Solo, e salientou que "Galiza necesita un goberno solidario en Madrid", asegurando que ese requirimento cúmpreo o de Zapatero, que segundo asegurou "inviste o dobre que o de Aznar".



En Vilagarcía de Arousa, o secretario de Organización do PSOE, Xosé Blanco, reprochoulle ao PP que tenten converter os comicios municipais "nunhas primarias" sobre o futuro do goberno en Madrid. "Non sei que présa ten para perdelas, cando aínda non lle toca", comentou ao respecto de Mariano Rajoy. "O PSOE gañará as eleccións, e dígollo ao PP para que despois non inventen conspiracións", afirmou. En Vigo, o convidado do PsdeG foi o ex ministro Josep Borrel, quen se lamentou de que o electorado de esquerda, na súa opinión, estea máis desmobilizado que o da dereita. "Se a xente de esquerdas votase igual que a dereita, gañabamos fixo en todas partes", comentou.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: