Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
Municipais07

Blas García: Blogorrelato da caravana socialista

Rifas cos "prepotentes" dos equipos que traen os ministros que chegan de Madrid, candidatos aos que lle racha a cadeira, bocatas de pementos... Anecdotario de campaña.

Redacción - 09:00 21/05/2007

Blas García, do equipo de campaña do PSdeG nestas eleccións municipais, conta a súa visión da caravana deste partido a través de Galiza.

17 de maio
"O mitin de Noia, e non é porque eu sexa do Barbanza, foi o mellor de toda a campaña ata o de agora. Foi un mitin quente, a xente gritaba e coreaba o nome de Touriño e de Rafa sen parar, movía as bandeiras, levantábase a aplaudir. ¡¡Algo impresionante!!".

16 de maio
"¡¡Incrible!!. O alcalde de Burela –do PP- decidiu asfaltar a rúa de acceso ao Auditorio o mesmo día en que Touriño daba alí un mitin. Podedes imaxinarvos as coñas e o cachondeo no coche".

"O martes tocounos ir a visitar a Costa de Lugo, concretamente a Burela. É a primeira vez, desde que traballo na Rúa do Pino –a Sede Nacional do PSdeG-PSOE- que vou a un mitin a Burela con Touriño, ata o de agora estivera en Viveiro, Foz, Cervo e Ribadeo, pero nunca neste concello mariñeiro de Lugo"

15 de maio
"Ás dez da noite rematamos, e como a volta á casa era longa decidimos tomar uns bocatas e unha cervexa. Bocadillo de bacon con queixo, e outro de polo con pementos; charla e risas cos xornalistas que nos seguen na campaña; e ás doce da noite regreso a Santiago. Cando cheguei ao hotel pasaba das dúas da mañá, intentei escribir algo no ordenador pero non funcionaba a wifi. Outra vez será".

14 de maio
"Á chegada ao Auditorio atopeime co compañeiro do comité provincial de Lugo, Suso Ceide, enfrascado en tarefas organizativas e discutindo cun dos responsables de seguridade de vicepresidencia [visitaba a cidade a vicepresidenta do goberno español, María Teresa De la Vega], os cales teño que recoñecer que son bastante chulos e engreidos, pero Suso que non se corta un pelo dicíalle: 'o local pedino eu, e aquí faise como eu diga'. Suso é así, despois comentábame a min: 'a estes de Moncloa hai que tratalos así, poñérselle chulo, senón intentan pisarche'. Teño que recoñecer que Suso ten toda a razón, xa que en ocasións teslle que “ensinar os dentes” a algúns que veñen de Madrid, porque son tremendamente “campións” e prepotentes, e pensan que poden chegar asoballando. Pero, por sorte, son unha minoría".

13 de maio
"A anécdota deste mitin púxoa o candidato socialista do Grove, ao que lle rompeu a silla e caeu orixinando un gran ruído. Touriño que estaba intervindo nese intre dixo: 'vese que é un home mozo, ben plantado, e de moito peso, que a silla non pode con el' ".

Máis na bitácora de Blas García


4/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: