Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FALA DE INVESTIGACIÓNS INTENSAS

Ameijeiras suxire que a policía ten identificados a membros de Resistencia Galega

A delegación do goberno español atribúelle a colocación de explosivos en diferentes puntos do país.

Redacción - 13:20 21/05/2007

O delegado do goberno español, Manuel Ameijeiras, asegurou hoxe que as forzas de seguridade agardan ter resultados axiña nas investigacións do grupo independentista Resistencia Galega. Ameijeiras subliñou que está a haber un traballo “intenso” e insinou a posibilidade de que haxa detencións nun curto prazo de tempo.

A delegación do goberno español atribúelle a Resistencia Galega a colocación de explosivos nunha urbanización de Cangas do Morrazo e no polígono lugués do Ceao e o incendio nunha máquina que traballa na construción do AVE en Compostela.


Ligazóns

3.9/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: