Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
Festas Nicolinas

Guimarães prepárase para ser Capital Europea da Cultura no 2012

As celebracións aspiran a se converteren nunha parte destacada do programa e en Patrimonio Inmaterial da Humanidade.

Redacción - 13:35 21/05/2007

A designación de Guimarães como Capital Europea da Cultura no ano 2012 animou a Asociación Tertúlia Nicolina a propoñer as Festas Nicolinas como parte da programación cultural da cidade. As festas, de orixe medieval, son na súa orixe as dos estudantes de Secundaria de Guimarães e, polo tanto, de todos aqueles que pasaron por ese ciclo de ensino, e conmemóranse o 29 de novembro.

Durante ese día, decenas de millares de participantes enchen as rúas da cidade, acompañados do característico son dos tambores, xuntas de gando e un piñeiro transportado por un carro de bois e levantado no centro de Guimarães. As Nicolinas aspiran, asemade, ao recoñecemento de Patrimonio Oral e Inmaterial da Humanidade da Unesco.

O Grupo de Missão, formado por representantes do Ministerio da Cultura portugués e da Cámara Municipal de Guimarães, está a preparar o proxecto de actividades da capitalidade cultural. Os voceiros da Tertúlia Nicolina defenderon a inclusión das festas no programa e ofrecéronse para colaborar na organización.

Segundo un dos representantes da Tertúlia, Diogo Leite Ribeiro, as Nicolinas coinciden cos presupostos que defende a Capital Europea da Cultura, “nomeadamente no de salientar a riqueza e a diversidade das culturas europeas e das características compartidas, ben como promover a melloría da comprensión mutua entre os cidadáns europeos”.

Segundo Leite Ribeiro, as celebracións teñen múltiples facetas, ligando relixión, historia, etnografía, literatura, arte, teatro... e están relacionadas cos centros históricos de Guimarães e Compostela, que son Patrimonio Cultural da Humanidade, e mesmo con Salamanca e París. A Tertúlia aspira a que se investiguen as relacións das Nicolinas con outras cidades de Europa, e que se vaian potenciando progresivamente de cara ao 2012.


4,33/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: