Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Ciclismo

Pereiro vai á Volta mentres segue o xuízo da posíbel dopaxe de Landis

Esta semana o que xa é chamado "virtual gañador" do Tour 2006 corre en Cataluña. Mentres, segue o enleado xuízo de Landis nos USA, nun proceso que vai collendo trazas de culebrón.

Redacción - 13:45 21/05/2007
Imaxe de Pereiro nunha etapa do Tour

Imaxe de Pereiro nunha etapa do Tour

O ciclista galego vai correr esta semana na Volta a Catalunya, co obxectivo de comezar a preparar xa o Tour 2007. Con el estará o Karpin Galicia, estreándose nunha proba que xa leva tres anos conservando o seu oco no calendario do UCI ProTour.

A equipa de Pereiro, o Caisse d'Epargne leva ao galego e ao ruso Vladimir Karpets, á proba que comeza na segunda feira. Alí tamén vai estar Denis Menchov, do Rabobank; o alemán Erik Zabe, do Team Milram; o kazako Alexandre Vinokourov, do Astaná; e unha das consideradas principais bazasdas equipas estatais; Samuel Sánchez, do Euskaltel.

Pereiro vai a Salou, vila da que parte a proba, sen saber aínda se vai vestir algún día de amarelo ou non, en pleno xuízo por dopaxe a Floyd Landis, o ciclista estadounidense que obstenta o título hoxendía.

O xuízo de Landis vaise asemellando cada día máis a unha telenovela

O xuízo pola posíbel dopaxe de Landis está a tomar, nos últimos dias, tintes de telenovela. A finais de semana declaraba o triple vencedor da Tour, Greg LeMond, acusando á equipa de avogados de Landis de ameazar con facer públicos os abusos sufridos polo ciclista na súa infancia, se el chegaba a dar máis datos sobre a aínda non demostrada dopaxe do norteamericano.

Mentres, Landis negou unha e outra vez nas súas declaración, a súa dopaxe por testosterona e acusou ao laboratorio francés, encargado de facer as análises das mostras tomadas naquel Tour do pasado ano, de pouca profesionalidade e de ter cometido varios erros dos que se considera a vítima.

No xuízo, que se está a celebrar en Malibú até o vindeiro 23 de maio, Landis podería ser declarado culpábel e daquela sería inhabilitado dous anos, e o Tour sería de Pereiro, quen procura manterse á marxe de tanta polémica.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: