Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Despois dun ano sen se celebrar

Carlos Taibo participará nas VI Xornadas Marxistas de Agir

O colectivo estudantil achegarase, durante catro días, aos conflitos nacionais, xurdidos da loita contra o capitalismo do século XXI.

Redacción - 17:28 21/05/2007

Da terza á quinta, as xornadas desenvólvense na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela e a elas asisten personalidades políticas e sociais que tentan amosar as súas culturas, naturezas e inquedanzas ao público que se queira achegar a estes encontros e charlas abertas.

O tema central das xornadas, como din os pasquíns, é coñecer os movementos sociais que están a loitar pola defensa dos seus intereses polo mundo, para se manter a salvo da "barbarie do capitalismo neocolonial".

No primeiro día deste encontro, na terza feira, ás 19 horas, o cónsul de Cuba en Galiza, Alejandro Fuentes, falará sobre a actualidade da Revolución Cubana, como referente dos movementos sociais revolucionarios, tamén no séxulo XXI.

Á mesma hora e no mesmo lugar, na cuarta, Xurxo Martínez Crespo, membro da CIG e colaborador do Comité de Solidariedade Bolivariana, falará da anti-imperialista Revolución Bolivariana, dende o punto de vista dun galego que viviu os plantexamentos deste movemento cos seus propios ollos.

Na quinta, falarase da realidade do Kurdistán, un pobo "á procura de liberdade". Está convidado a falar do tema Heval Nemir, kurdo residente en Galiza.

E xa na sexta día 25 de maio, pechando as xornadas está convidado o experto en política internacional e profesor da Universidade de Madrid, Carlos Taibo, que ha falar sobre a "desorde internacional", botando unha ollada ao caso do Iraque na loita diaria pola súa supervivencia.

O ano pasado non se celebraron, mais este as Xornadas de Agir pretenden servir de homenaxe á figura de Karl Marx, cualificado de "senlleiro internacional do socialismo" polo colectivo e, segundo os membros desta organización estudantil, peza fundamental do seu ideario.


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: