Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Bos Aires

Edición xestionada por Débora Campos
RSS de Bos Aires
Co gallo do Día das Letras

Suso de Toro en Bos Aires e Montevideo

O autor galego chegará este martes ao Río da Prata, onde impartirá conferencias e visitará institucións e colectivos da diáspora.

Débora Campos - 09:58 22/05/2007

Organizadas pola Secretaría Xeral de Emigración da Xunta, as xuntanzas serán na Biblioteca Nacional de Uruguai este martes, e no Teatro Castelao e na Universidade de Belgrano, da Arxentina, os mércores e xoves. Finalmente, o sábado, o autor visitará a Federación de Sociedades Galegas da República Arxentina,onde os galegos e galegas bonaerenses poderán escoitalo e falar con el.

"Co gallo do Día das Letras Galegas, o escritor galego impartirá as seguintes conferencias, con entrada libre e gratuíta", anunciou un comunicado. A lista comeza esta tarde ás 19.00 na sala Acuña de Figueroa da Biblioteca Nacional de Uruguai. Xa na Arxentina, as presentacións serán o mércores ás 20.00 no Teatro Castelao do Centro Galego de Bos Aires e o xoves ás 19.00 na Universidade de Belgrano. Tamén pasará o sábado ás 19.00 pola Federación de Sociedades Galegas.

O primeiro dos actos en Bos Aires foi organizado polo Instituto Arxentino de Cultura Galega do Centro Galego de Bos Aires, co auspicio da Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia e, ademáis da conferencia do autor de Land Rover e Home sen nome, inclúe a actuación do tradicional Coro do Centro Galego. A segunda presentación, organizada polo Instituto de Estudos Galegos da Universidade de Belgrano que dirixe Adolfo Lozano, se desenrolará no Edificio Torre da Universidade, nas rúas Zabala e Villanueva.

Finalmente e antes de voltar a Galicia, Suso de Toro percorrerá o pazo que a Federación de Sociedades Galegas ten sobre a rúa Chacabuco 955. Alí coñecerá o Museo da Emigración Galega na Arxentina (MEGA), como fixo o escritor Manuel Rivas hai menos dun mes, e ofrecerá unha conferencia aí rodeado polos galeguistas exiliados que fixeron desa entidade un sitio de resistencia e dignidade.

Xesús de Toro Santos (Suso de Toro) naceu en Santiago en 1956. É licenciado en Arte Moderna e Contemporánea e leva publicados máis de vinte libros de narrativa, ensaio e teatro. Polaroid, Land Rover, Ambulancia, Tic-tac, A sombra cazadora, Trece badaladas, e a súa última novela Home sen nome, son só algunha das súas obras.


4.8/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: