Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Xa son só 400.000

A supresión da cota láctea deixa Galiza sen vacas

Os empresarios produtores de leite acusan as industrias de estaren detrás da decisión da Unión Europea.

Redacción - 19:17 22/05/2007
Vacas bebendo no río Iso / Flickr: FreeCat

Vacas bebendo no río Iso / Flickr: FreeCat

Galiza xa non é o país dun millón de vacas do que falaba Manuel Rivas. Xa só quedan 400.000 reses. Durante o ano 2006 produciuse un descenso do 10% no número de cabezas de gando, que a finais do 2005 eran 440.000.

Tres asociacións de produtores de leite, Afriga, Feplac e Prolec, advertiron da situación e pediron que se manteña o sistema de cotas, que a Unión Europea pretende retirar no ano 2015. Os empresarios emprazaron a Administración a que faga presión para que se manteña o sistema de control da produción.

O secretario xeral de Federación de Empresarios de Produtores Lácteos, Manuel Bouza, alertou de que son as industrias as únicas que queren que desaparezan as cotas. Tamén acusaron os fabricantes de baixar os prezos para os produtores mentres llelos soben aos consumidores, un 9% no litro de leite e un 15% no produto en po.

Os empresarios, que representan o 40% da cota asignada a Galiza, descartaron participar en mobilizacións, a pesar de que lamentan non participaren na Mesa do Leite. Ademais, os representantes das tres asociacións recoñeceron en que as empresas lácteas francesas son as que lles dan máis problemas.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: