Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Vixían a ría fronte á chegada doutro gaseiro

Piden o cesamento do delegado do Ministerio que autorizou probas en Reganosa

Sen as obras rematadas e sen plan de seguridade e emerxencia, asinou unha "acta de posta en servizo durante tres meses".

Redacción - 13:12 25/05/2007

O Comité Cidadán de Emerxencia prepara unha demanda xudicial contra Francisco Barroso Palominio, director da Área de Enerxía e Industria, dependente do Ministerio de Industria. A interposición do recurso administrativo ten que ver co permiso asinado en favor da planta de Reganosa.

Denuncian que non se tivo en conta que Reganosa aínda non finalizou as obras e que ademais non ten resoltos os requirimentos de seguridade para a poboación aos que está obrigada segundo a autorización de construción outorgada pola Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas, dependente do goberno español. "Por todo isto, a entrada á factoría do gaseiro Galicia Spirit para facer probas é completamente ilegal", explicou para Vieiros o voceiro do Comité, Carmelo Teixeiro.

Por outra parte, o Comité de Emerxencia desprega outra vez desde este venres a vixilancia sobre a posíbel entrada doutro gaseiro. As lanchas volveron saír antes da preamar diúrna, ás 12h45, e volverán estar en alerta en cada ocasión. Espérase que Reganosa trate de forzar a entrada do novo buque antes de que remate o mes.


4.91/5 (11 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: