Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Organiza a Marcha Mundial

Unha exposición lembra as mulleres que loitaron contra o franquismo

Poemas na memoria recolle fotografías e poemas na nosa lingua da época da Guerra Civil e da ditadura.

Redacción - 13:15 26/05/2007
Logotipo da Marcha Mundial das Mulleres

Logotipo da Marcha Mundial das Mulleres

A situación de discriminación que viviron as mulleres e os poetas que loitaron pola liberdade durante a Guerra Civil e o franquismo serán os puntos de vista da exposición Poemas pola Memoria. A mostra, organizada pola Marcha Mundial das Mulleres no Arquivo do Reino de Galicia, na Coruña, poderase ver a partir do 1 de xuño e está composta de fotografías e poemas na nosa lingua escritos durante a época de represión.

Na presentación da exposición, Hermitas Valencia, voceira da Marcha Mundial das Mulleres, explicou que a mostra pretende chamar a atención sobre a situación que se viviu durante aquel período e renderlles homenaxe ás persoas que sufriron a marxinación do sistema. Tamén aproveitou para lembrar a situación da muller no Terceiro Mundo e a discriminación que existe aínda hoxe no noso país.


4.2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: