Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Accidente no mar

Dous mortos e un desaparecido no naufraxio dun pesqueiro en Ribadeo

O Nuevo Amadorín, con base en Burela, encallou nas proximidades da illa da Pancha.

Redacción - 13:38 28/05/2007

O pesqueiro Nuevo Amadorín afundiu o luns á mañá fronte ao faro da Illa Pancha, en Ribadeo. Dous dos seus tripulantes morreron e un terceiro está desaparecido. O barco, con base no porto de Burela, encallou na zona a primeira hora da mañá, polo que acudiron ao rescate da tripulación o helicóptero Pesca 2, Salvamento Marítimo, Protección Civil e Garda Civil.

Os equipos de rescate só puideron recuperar dous cadáveres, o do armador, Máximo Blanco Galdo, de 44 anos, e mais o do mariñeiro de orixe colombiana Félix Armando Peña Reu, de 54 anos. Continúan na busca do terceiro tripulante, Óscar Blanco, de 19 anos e fillo do armador, o Helimer Galicia, o Serviola III, a Saturno e mais a Salvamar Sargadelos. Un cuarto mariñeiro salvouse porque non puido embarcar, ao se atopar hospitalizado.

A probábel causa do accidente foi o forte mar de fondo, con ondas de tres metros de altura, que puideron provocar que a embarcación encallase, e que os tripulantes fosen levados por un golpe de mar cando recollían os aparellos.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: