Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
ESPAÑA É O 7,5% DA CONTRIBUCIÓN EUROPEA

ALMA: O radiotelescopio máis poderoso do planeta en Chile

Un sitio onde científicos de todo o mundo virán usar os medios mais sofisticados para captar luz de lonxitude de onda milimétrica

Redacción - 13:49 29/05/2007

O Atacama Large Millimeter Array, ALMA, representa o primeiro proxecto astronómico verdadeiramente global, xa que é unha instalación astronómica internacional. O obxectivo desta colaboración é desenvolver un telescopio sen igual no mundo. O proxecto está composto por un grupo de 64 antenas radiotelescópicas que traballarán en conxunto, apuntando todas á mesma fonte, para estudar o universo desde un sitio a cinco mil metros de altura no altiplano (Chan de Chajnantor) da Cordilleira dos Andes, a 50 quilómetros de San Pedro de Atacama, na Segunda Rexión de Chile.

O xigantesco radiotelescopio ALMA terá como misión medir a calor que desprenden os obxectos que se encontren no universo desde o Big-Bang. Este instrumento chegará a ser tan poderoso, que é comparable á produción de imaxes, ou mellor aínda que as que obtiña o telescopio Hubble en luz visible.

ALMA é unha asociación entre Europa, Norteamerica, e Japon, en cooperación coa Republica de Chile. Está financiada en Norteamerica pola Fundación Nacional de Ciencias (NSF) en cooperación co Consello Nacional de Investigacións de Canada (NRC), e en Europa polo Observatorio Europeo Austral (ISO) en España. A construcción e operación de ALMA efectúanse a nome de Norteamerica polo Observatorio Radio Astronómico Nacional (NRAO) o que é operado por Associated Universities, Inc. (AUI), a nome de Europa por ISO, e a nome de Japon polo National Astronomical Observatory of Japan (NAOJ).

ALMA é un proxecto Euro-Americano cun custo duns 600 millóns de dólares. Consiste en 64 radiotelescopios situados no deserto de Atacama, a 5000 m de altitude. A complexidade do seu funcionamento, a necesidade dunha forte participación industrial e as condicións loxísticas asociadas á súa situación representan o desafío máis importante para a radioastronomía mundial nos próximos 50 anos. No Consello de Ministros de 11 de Outubro de 2002 aprobouse a participación de España no proxecto ALMA cunha porcentaxe do 7.5% da contribución europea.

No 2011 cando estean a funcionar a pleno rendemento as 64 antenas parabólicas de 12 metros, o radiotelescopio converterase no instrumento máis poderoso de investigación astronómica que xamais se construíse no planeta. Os astrónomos están tan entusiasmados e confiados no que será este novo centro radioastronómico, que poderán escudriñar e desentrañar os desafiantes segredos que agochan zonas do universo ata as cales nunca antes chegou a curiosidade e a ciencia humana.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: