Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Finaliza o peche na Autoridade Portuaria

A Garda Civil impútalle catro delitos ao patrón maior de Ferrol

Bernardo Bastida está acusado de "desobediencia á autoridade", "ameazas", "coaccións" e "desordes públicas" polas accións contra o buque Mourad Didouche.

Redacción - 14:10 30/05/2007

A Garda Civil imputoulle ao patrón maior en funcións da Confraría de Ferrol, Bernardo Bastida, catro delitos de "desobediencia á autoridade", "ameazas", "coaccións" e "desordes públicas" polas accións de bloqueo do buque gaseiro Mourad Didouche para evitar a súa entrada na ría e o descargase en Reganosa.

Bastida prestou declaración no Cuartel da Garda Civil en Ferrol ás 11.30 horas da mañá desta cuarta feira, e está previsto que nas vindeiras horas pase a disposición xudicial e que sexa posto en liberdade con cargos. O seu avogado, Vítor Manuel López, denunciou que foi retido de "forma artificial" para prestar declaración 18 horas despois de ser detido.
Escrito na Autoridade Portuaria
Pola súa banda, a Confraría de Pescadores e Mariscadores de Ferrol rexistrou un escrito na Autoridade Portuaria de Ferrol dirixido ao presidente do porto, Amable Dopico, onde denuncian que dende as oito da mañá desta cuarta feira, membros da Policía acordoaron as zonas de acceso aos peiraos de amarre das embarcacións, impedíndolles realizar o seu traballo.

No documento, denunciaron que, tras falar co capitán marítimo de Ferrol, confirmaron que o organismo lle solicitara ao porto que mantivese libre a ría dúas horas antes da preamar, a partir das 14.39 horas.

Por este motivo, os mariscadores, acompañados dun notario, reuníronse coa directora do porto, Susana Roel, quen lles confirmou que o peche da dársena se realizou por orde expresa da Delegación do goberno español en Galiza. Por todo iso, solicítanlle a Amable Dopico que lles facilite os documentos polos que se prohibiu o seu acceso ás embarcacións.

Peche de mariscadores

Finalmente, tras tres horas de peche, o grupo de 15 mariscadores que permanecía no despacho de Amable Dopico, abandonou o peche contra ás 14.00 horas.

A Policía, por terra, e a Garda Civil, por mar, teñen tomadas as inmediacións do porto ferrolán dende as 7.00 horas. Máis dun cento de mariscadores e de veciños permanece á espera da entrada do gaseiro, prevista para ao redor das 16.00 horas.


Ligazóns

3,5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: