Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
Antes de que a comisión PSdeG-BNG se reúna este xoves

En Pontevedra e Ourense as negociacións para o pacto de goberno xa se iniciaron

En Vigo houbo tamén contactos. O resto agardan á fin de semana, despois da xuntanza da comisión conxunta deseñada polas direccións.

Redacción - 09:00 31/05/2007

Antes da reunión entre os representantes designados polas executivas de PSdeG e BNG, en Pontevedra xa se puxo en marcha a negociación. O propio rexedor en funcións, o nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores, e a tenente de alcalde, a socialista Teresa Casal, foron os encargados de presidir o encontro realizado na sede local dos socialistas na cidade. Estiveron acompañados pola súa xente de confianza: Cesár Mosquera e Raimundo González no caso do Bloque; e os números dous, Antón Louro, e tres, Margarita Castejón, da candidatura socialista.

Este mesmo xoves haberá unha reunión parecida en Ourense e co mesmo obxectivo, poñer as bases para o pacto de goberno. Na xuntanza estarán o candidato socialista á alcaldía, Francisco Rodríguez, e o candidato do Bloque, Alexandre Sánchez Vidal.

Mentres o BNG engadía á comisión negociadora a Ánxela Bugallo. Anteriormente, xa decidiran que en representación dos nacionalistas estarán os coordinador executivo do BNG, Francisco Jorquera, e mais os secretarios de Organización, Alberte Ansede, e de Acción Municipal, Roberto Mera. Por parte socialista, participarán Varela e mais o secretario de Política Municipal, Manuel Lagares, e o conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez.

A comisión paritaria constituirase o xoves ás sete e media do serán. As dúas partes esperan que o acordo definitivo se concrete esta mesma semana, para que despois o ratifiquen os órganos de goberno das formacións políticas. Socialistas e nacionalistas coinciden na idea de cumprir a vontade do electorado do pais de que o cambio político se estenda tamén ás administracións locais.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: