Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tempos Novos

Xestionado por Tempos Novos
RSS de Tempos Novos
SEN CORSÉ

Disputando coas avésporas

Un conto erótico de Marilar Aleixandre ilustrado por Andrea López.

TEMPOS Novos - 11:17 05/06/2007

A culpa foi da marmelada de pexegos da avoa.

Yvette engulía a marmelada a culleradas, lambía os beizos, percorréndoos coa punta da lingua, nun aceno provocativo, ofrecéndoa a outras linguas. Escoiteille a Carlos, o irmán de Victoria, que cando comía bombóns xeados, aloumiñándoos entre os beizos, turrando deles lentamente cara a fóra cos ollos entornados, semellaba ter na boca un pene arreite.

A nai de Victoria foi quen nos levou en coche ao peirao, quen convenceu a miña nai da acampada nas Cíes. Quería apartar a Yvette da súa casa, de seus fillos varóns, o maior tempo posíbel. Eu adoraba a Yvette. Quizais tan só porque tiña dezaseis anos, dous máis ca min, era o que eu quería chegar a ser. Aínda que nunca tería o cabelo louro con reflexos rubios, procuraba imitar o seu sorriso, o seu pestanexo, a forma en que inclinaba a cabeza, ollando para o interlocutor -fose home ou muller- como se non houbese outra persoa no mundo. Ás agochadas, diante do espello, tentaba reproducir os seus movementos, espreguizarse estendendo os brazos como nunha danza, cruzar as longas pernas acariciando unha coa outra, descalzarse e xirar as dedas no aire, trazando signos que mantiñan en suspenso a todos os que a mirabamos. Yvette era sensual e iso non dependía unicamente dos tirantes, das transparencias. Talvez non fose posíbel aprender a sensualidade, talvez eu estivese destinada a seguir sendo unha adolescente zoupeira toda a miña vida. Os irmáns de Victoria ollaban para Yvette como se desexasen comela a bocados e súa nai comezaba a arrepentirse de aceptar aquel intercambio que levaría á lacazana da miña mellor amiga a aprender francés sen esforzo.

A cuarta na expedición era Mabel, unha curmá de Victoria, dunha idade con Yvette, tola pola fotografía, que arelaba estrear nas Cíes unha nova cámara. Mireina con receo, pois eu imaxinara compartir co meu ídolo unha das dúas pequenas tendas e agora anticipaba unha distribución por idades. Enganábame: antes de montar as tendas Yvette anunciou que ela durmiría comigo, que nos encargabamos nosoutras de armalas, e que Mabel e Victoria podían comezar a súa expedición fotográfica mentres nós pasabamos a mañá na praia. Victoria aceptou encantada o plan que lle aforraba practicar francés.

Yvette propuxo á praia que chamaban dos alemáns, onde podiamos tomar o sol núas. Nela había tan só unha parella moi amorosa e a miña compañeira decidiu colocar as toallas nun recuncho distante para non estorbar a súa intimidade. Ou iso dixo.

-¿Queres que che estenda crema polas costas?

Nada podía compracerme máis. Xa o fixera outras veces, mais outras veces eu non estaba núa, coa miña pel quente absorbendo cada rozamento dos seus dedos que se demoraban nos ombros, descendían polos brazos, pulsaban terminacións sensíbeis no interior dos cóbados. Ollei de esguello para o corpo nu de Yvette, para o pelo do seu pube, curiosa por comprobar se era tan rubio como o seu cabelo. Deiteime boca abaixo, para agochar a miña turbación, sensacións para as que non tiña nome, deixeime arrolar polo son dos tombos, rompendo na area cun ritmo que alguén orquestrara só para nosoutras.

Cando virei boca arriba, Yvette abría a mochila, asegurando que tiña larica e necesitaba picar algo. Con grandes espaventos descubriu que eu levara un tarriño con marmelada de pexegos. Pediume que lle botase unha pouca enriba do pan coa navalla, o único cuberto que tiñamos. Ela termaba do pan e eu botaba a marmelada, intentando que non caese, mais a larpeira nunca se daba por satisfeita.

-Encore... encore...

Nada ten de estraño que unha parte da marmelada acabase esvarando sobre o meu corpo, entre os peitos. Yvette tivo que lambela, cumpría facer desaparecer calquera doce que puidese atraer as avésporas. Para escorrentar as avésporas lambeu o escote, o ventre, e despois, empurrándome até deitarme, colleu o tarro de marmelada, introduciu nel o índice e comezou a untar con ela os meus peitos. Logo foina lambendo, lentamente, demorándose nos bicos do peito, trincando un chisco neles cos dentes, desencadeando relampos de pracer que comezaban nos peitos, inzaban a miña pel e desanoaban cordas nalgún lugar do meu ventre.

E eu ¿que podía facer, senón vingarme, metendo os dedos na marmelada antes de que ela a acabase?

O conto completo, na edición impresa de TEMPOS Novos (nº 120, maio de 2007)


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: