Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
A Xunta subvenciona os deportes oficiais

Medio millón de euros para a colaboración coas federacións

E para o desenvolvementos dos acordos con estes organismos, de tal xeito que a administración galega poida participar nos gastos do día a día destas entidades.

Redacción - 14:28 07/06/2007

O Consello da Xunta aprobou na quinta a sinatura de convenios entre a Consellaría de Cultura e Deporte, a través da Dirección Xeral para o Deporte, e cinco federacións galegas deportivas -atletismo, hípica, hockei, vela e natación-, por un custo total de 987.000 euros.

Con estes convenios, estabelécense as bases de colaboración coas estas federacións, para facer ao goberno galego participar nos gastos ordinarios destas entidades e para a fixación, de común acordo, dun programa de actividades de promoción e desenvolvemento de cada unha das modalidades.

Cada Federación leva o seu belisco, en euros

Cada convenio ten un custo indicado: a Federación Galega de Atletismo leva uns 255.000 euros, dos que 25.000 euros están dedicados á promoción do deporte feminino. A Federación Galega de Hípica, leva 291.000 euros, para a promoción de diferentes programas deportivas, a normalización do galego na súa comunicación e tamén para a promoción do deporte feminino -6.000 euros-, entre outras cousas.

Coa Federación Galega de Vela asinouse un convenio de colaboración por un importe de 190.000 euros, dos cales 20.000 se dedicarán ao deporte feminino, mentres que con Natación o convenio está estabelecido en 160.000 euros, 15.000 para as mulleres.

O último dos convenios asinados que pasou polo Consello da Xunta, é o da Federación Galega de Hóckei que vai levar 91.500 euros, 6.000 delesa para o deporte feminino. Nas próximas semanas.

Aos poucos, nas vindeiras semanas, como xa se indicara dende a Xunta, cada unha das federacións vai ir asinando seus respectivos convenios de colaboracion con Deporte, un total de 58.


Ligazóns

0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: