Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
A LINGUA DE ANAINAR

Xeración Shon Goku ou xeración E logo!?

Cantos de berce, portafotos web ou unha escolma de nomes son algunhas das pezas da campaña 'Xeración e logo', que quere incidir na transmisión interxeracional.

Redacción - 11:18 08/06/2007

Ao marco da campaña de dinamización que este ano está desenvolvendo a Secretaría Xeral de Política Lingüística e que levamos vendo nas páxinas dos xornais ou nos anuncios da TVG únese agora 'Xeración e logo!', neste caso coa colaboración do SERGAS. A perda da transmisión interxeracional é hoxe lugar común cando se trata a cuestión do significativo descenso do número de falantes en Galicia.

Daquela, cara ao ámbito familiar e os inicios da socialización apuntan os materiais desta campaña: unhas selección de nomes propios, un portafotos, unha serie de consellos para o embarazo enfocados cara á importancia da palabra no desenvolvemento ou un cd con cantos para arrolar nas voces de Guadi Galego, Uxía, Mercedes Peón ou Xabier Díaz.

Cadra no tempo en que tamén a Concellaría de Política Lingüística do Concello de Santiago está a por en marcha unha campaña do mesmo signo. Baixo o lema inicial de "fálame... apréndeme en galego", quere acompañar o embarazo e en tres etapas chegar até o momento de recibir un moneco cunha lingua "que non é de trapo" no Rexistro Civil, á hora de inscribir o cativo ou cativa.


3.67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: