Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
A PRIMEIRA TV EN INTERNET SOBRE O SANFERMÍN

Kukuxumusu lanza Sanfermin.com/tv

Emitirá 24 horas ó día en euskara, castelá e inglés

Redacción - 13:50 08/06/2007

Kukuxumusu lanzará nas próximas semanas unha canle de televisión en Internet sobre as festas de Sanfermin, unha iniciativa pioneira coa que a Fábrica de Debuxos pretende introducirse no mundo audiovisual co mesmo espírito innovador e creativo que lle acompañou desde o seu nacemento en 1989. Sanfermin.com/tv comezará as súas emisións o próximo 1 de xullo, pouco antes do inicio das festas, aínda que nos próximos días comezará a emitir en probas.

Sanfermin.com/tv é o resultado dun longo traballo levado a cabo por Mikel Urmeneta e o seu equipo. O seu obxectivo, achegar entretemento e información sobre as festas de forma directa, gratuíta e áxil. A nova canle inclúese dentro da aposta pola televisión en Internet que fixo a empresa, e que ten o seu complemento en www.kukuxumusu.tv, canle corporativa que comezará a emitir simultaneamente e no que tamén se poderán ver algúns dos contidos da televisión temática sobre Sanfermin.

Sanfermin.com/tv pretende ser un servizo centrado en Sanfermin, pero con vocación de ofrecer contidos de interese a calquera internauta, coñeza ou non as festas.Conta con tres modos de visualización: “baixo demanda”, modalidade na que o teleinternauta pode ver en cada momento os vídeos que desexe; “on air”, consistente nunha grella de programación de emisión continuada e xa predeterminada na que se combinan pezas de vídeo de diferentes temas; e “play list”, a principal novidade, un sistema mediante o que o usuario selecciona os vídeos que desexa para se configurar a súa propia grella de programación.

A programación está dividida en diversos subcanais, que van desde a actualidade, con todas as noticias que van xurdindo arredor das festas, ata a videoguía, unha serie de consellos prácticos para facilitar a chegada e estanza de quen non estiveron nunca en Sanfermin..

A canle manterase operativo e actualizado as 24 horas do día ao longo de todo o ano, pero Kukuxumusu realizará un esforzo suplementario durante Sanfermin, cun especial das festas no que haberá noticias, reportaxes e entrevistas sobre todo o que aconteza entre o 5 e o 15 de xullo.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: