Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
Conta tamén cos de 'Moncho' Rodríguez Ares

O único concelleiro da Agrupación Sada Unida podería ser alcalde grazas aos votos do PPdeG

O BNG esixe explicacións ao líder dos populares, Núñez Feijoo, por estes "contubernios" políticos que provocan o "bochorno da cidadanía".

Redacción - 20:04 12/06/2007
Xosé María Hernández Cochón

Xosé María Hernández Cochón

O cabeza de cartel do PPdeG en Sada, o ex conselleiro Xosé María Hernández Cochón, xustificou que o seu partido sume os seus dous concelleiros aos seis da formación do alcalde en funcións, Ramón Rodríguez Ares, 'Moncho', e ao de o independente David Brandariz -para que este último sexa alcalde-, debido a que teñen programas electorais "bastante similares".

Hernández Cochón dixo que non habería "ningún inconveniente" en que o seu partido, o ASU de Brandariz e o PDSP do que fora expulsado do PPdeG 'Moncho' Rodríguez Ares integren un goberno conxunto.

Evitar un goberno "nacionalista radical"

Ao seu xuízo, non é anómalo que sexa alcalde unha persoa dunha forza política cun só edil dos 17 que integran a corporación de Sada porque Brandariz "é chave", e esta circunstancia "pasou moitas veces antes".

Pola súa banda, Ramón Rodríguez Ares, que foi alcalde de Sada durante 28 anos tras recuperar o bastón de mando nesta lexislatura mediante unha moción de censura cun tránsfuga do PSdeG, asegurou que ceder a alcaldía aos independentes de Brandariz é "unha decisión meditada", co obxectivo de "favorecer a coalición, e que non haxa un goberno nacionalista radical".

Pola súa banda, Abel López Soto, do BNG, a quen a moción de censura de Rodríguez Ares deixou sen bastón de mando, presentou esta terza na Coruña o seu hipotético goberno de coalición en minoría co PSdeG, que sumarían oito edís.

López Soto esixiulle ao líder dos populares galegos, Alberto Núñez Feijoo, que dea "explicacións" se finalmente David Brandariz é alcalde de Sada con un só un edil, por estes "contubernios" políticos que provocan o "bochorno da cidadanía".


4.55/5 (11 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: