Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ACTO DE PROTESTA

Deitan símbolos da ditadura franquista diante da sede central da Xunta

Deste xeito, Nós-UP denuncia a "pasividade" do Goberno á hora de erradicar as iconas do franquismo dos espazos públicos.

Redacción - 19:38 13/06/2007

Os funcionarios e cidadáns que acoden cada día até a sede da Xunta en San Caetano atopáronse cunha sopresa este mércores. Militantes de Nós-UP depositaron 200 símbolos da ditadura franquista diante dunha das portas que dan acceso ao recinto.

Bruno Lopes, membro da dirección desta formación política, explicoulle a Vieiros que ademais deste acto simbólico tamén entregaron un escrito no rexistro da Consellaría de Presidencia. No documento instan ao departamento a traballar pola erradicación de toda esta simboloxía dos espazos públicos.

A organización independentista lembra que con este acto remata unha campaña que se iniciou en 2005 baixo o lema de “simboloxía fascista, fóra da Galiza”. Segundo explican, optaron por pasar a acción logo "da pasividade do goberno bipartito".


4.4/5 (45 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: