Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Parlamento

O BNG abandona a comisión para a reforma do voto emigrante

Acusa a PSdeG e a PPdeG de manter "pactos secretos" para limitar a reforma e favorecerse do goberno do Estado para conseguir o sufraxio exterior.

Redacción - 13:50 14/06/2007

O Bloque Nacionalista Galego decidiu abandonar a comisión para a reforma do voto emigrante -constituída o pasado 4 de xuño no Parlamento-, logo de acusar a PSdeG e PPdeG de querer adiar a mesma e impor un calendario que a limita.

Carlos Aymerich, voceiro do BNG na Cámara, insinuou que socialistas e populares mantiñan un "pacto secreto" e que "actuaban conxuntamente" para se aproveitar da vantaxe que lles proporciona a alternancia no goberno do Estado, e así, facerse co voto emigrante.

O PSdeG, por medio do seu voceiro no Parlamento, Ismael Rego, discrepou dos cálculos temporais feitos polo BNG, e asegurou que, segundo o calendario fixado, en setembro poderían estar listas as conclusións.

"Incongruencia do BNG"

Os socialistas criticaron ademais a "incongruencia dalgunhas propostas", en referencia ao BNG, "que piden que os emigrantes computen á hora de recibir recursos e escanos, e pola contra non poidan votar".

O PPdeG, pola súa banda, manifestou o seu apoio a proposta do PSdeG de non tramitar pola "vía da urxencia" a racionalización do voto emigrante.


4.13/5 (8 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: