Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Rbgalicia.org

Unha web centraliza as bibliotecas do país

A páxina que xestiona Cultura ofrece recursos para os profesionais e mais para os usuarios das salas de lectura.

Redacción - 19:16 19/06/2007

O novo sitio web da Rede de Bibliotecas de Galiza pretende achegar as bibliotecas do país ao público. Ofrece servizos tanto para profesionais como para os usuarios, como un metabuscador e o acceso a unha biblioteca dixital. O seu enderezo é rbgalicia.org.

A páxina, xestionada pola Consellaría de Cultura e Deporte, ofrece, ademais, un servizo de atención ao usuario e de resolución de dúbidas, tanto referidas á web como ao servizo de bibliotecas en xeral.

As utilidades destinadas ao persoal técnico bibliotecario inclúen información sobre cursos, documentos, grupos de traballo na rede e recursos para mellorar a atención aos usuarios.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: