Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tempos Novos

Xestionado por Tempos Novos
RSS de Tempos Novos
TODO É PEIXE

Ídolo con pés, Do Barro

Serrat e o La, la, la. Yoko e os Beatles. Kurt e Courtney. Marilyn Manson e a costela. O pop é a mitoloxía contemporánea. E o pique entre Do Barro e Juan Pardo? Un artigo de Leo F. Campos.

TEMPOS Novos - 08:00 22/06/2007

Serrat e o La, la, la. Yoko e os Beatles. Kurt e Courtney. Marilyn Manson e a costela. O pop é a mitoloxía contemporánea. E o pique entre Do Barro e Juan Pardo?

Defendamos a Cultura Galega. A cultura popular galega. A nosa Cultura Pop. U-lo urxente programa de música na TVG do Cambio?

Andrés do Barro era un tipo sinxelo que se converteu en mito e logo caeu. Disque non tiña boa voz. As letras son inxenuas e, por veces, delirantes. As melodías son xeniais, sinxelas e absolutamente pegañentas. Iso é o pop.

A palabra pop foinos roubada. Inventárona Andy Warhol e a Velvet Underground. Inventóunola Do Barro. Falcatruada escoitou os temas do disco homenaxe e atrasou o lanzamento ao 5 de xuño para realizalo a nivel estatal. Tamén un documental e unha gala da TVG loitan contra a semente maldita do autoodio. Colle o póster da dereita. Recorta e Apega.

Sen Pop non hai Nazón. Galiza CiB, Power Pop!

Artigo publicado na edición impresa de TEMPOS Novos (nº 121, xuño de 2007)


4.67/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: