Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
DESPOIS DE TRES DÉCADAS

En 2008 haberá máis de dous mil millóns de ordenadores no mundo

Un informe revela que esta cantidade se acadou en só cinco anos.

Redacción - 13:49 25/06/2007

A empresa de investigación Forrester Research estima que para comezos do ano 2008, haberá no mundo máis de mil millóns de ordenadores. Segundo un informe elaborado por esta consultora, tiveron que pasar case trinta anos para chegar aos mil millóns de ordenadores en uso, pero en só cinco anos "chegarase aos dous mil millóns", di o estudo.

Isto quere dicir que se no mundo hai uns 6.000 millóns de persoas, haberá un ordenador cada 6 persoas. Pero este dato non é de todo real, xa que en países occidentais e desenvolvidos é onde se concentra a maior parte dos ordenadores, xa sexa por oficinas ou habendo varios por persoa.

Isto contrasta co outro extremo, onde están os países subdesenvolvidos onde apenas coñecen ou viron un ordenador.

O informe destaca a incorporación de novos usuarios, especialmente de países como
Brasil, Rusia, India e China, onde alomenos 775 millóns de novos equipos serán utilizados desde agora ata o 2015. Isto implica un novo reto para os fabricantes, xa que á parte das grandes ganancias que conseguirán, terán que esforzarse en responder á demanda de todos estes novos mercados.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: