Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
ciclismo

O Karpin Galicia convoca a ciclistas amadores galegos a un novo adestramento

O equipo profesional galego celebrará un segundo adestramente este mes para os ciclistas galegos do equipo, no que contará con ciclistas doutros equipos do país.

Redacción - 17:25 25/06/2007
Imaxe da anterior convocatoria de adestramento

Imaxe da anterior convocatoria de adestramento

Na terza feira 26 de xuño varios ciclistas galegos das categorías Elite e Sub-23 terán a oportunidade de manter un novo contacto cos corredores profeisonais destas categorías, que pedalean para o Karpin Galicia.

Os ciclistas aspirantes a formar parte en vindeiras tempadas do cadro de corredores do equipo profesional galego, reuniranse en Samil (Vigo), dende onde sairán, na mañá da terza ás 10:30 horas, para realizar un adestramento de fondo en estrada.

Ao mesmo tempo, a sesión de adestramento van permitir aos membros do Karpin Galicia de Elite e Sub-23 preparar os seus respectivos campionatos Estatais, que se celebrarán a vindeira fin de semana en Cuenca.

Terceiro encontro entre profesionais e amadores do ciclismo galego
Este é o terceiro encontro programado do Karpin Galicia co pelotón Elite e Sub-23 galego no que levamos de tempada, e como os anteriores está enmarcado dentro da liña de seguimento que o equipo profesional estableceu para o ciclismo amateur e forma parte do convenio de colaboración asinado entre a Fundación Ciclismo Galego e a Federación Galega de Ciclismo.

Ao remate desta terceira convocatoria serán trinta e cinco os ciclistas participantes neste programa dende que botou a andar, coas xornadas de formación celebradas en Gandarío a primeiros de abril. Con el preténdese seleccionar aqueles ciclistas que se consideren máis aptos para incorporarse ao Karpin Galicia na vindeira tempada, e seguir as súas respectivas traxectorias.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: