Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Debate no OpenVieiros

Letras 2008: e ti a quen propós?

Xohán Xesús González, Xosé María Álvarez Blázquez, Fiz Vergara Vilariño, Lois Pereiro ou Eusebio Lorenzo Baleirón, son algúns dos nomes que escoitamos nos últimos tempos. En OpenVieiros podedes opinar. De paso, convidámosvos a abrir os vosos propios debates.

Redacción - 11:30 28/06/2007

A Asociación Cultural O Fervedoiro remitiulle recentemente á Real Academia Galega a petición de que o Día das Letras se lle adique en 2008 a Xohán Xesús González.

Tamén recente é a aprobación na xunta de goberno local do Concello de Tui de apoiar que o recoñecemento do ano que vén sexa para o escritor tudense Xosé María Álvarez Blázquez.

E lembrámosvos que o escritor Xavier Queipo publicou en Vieiros hai poucos días o artigo Trío de ases, onde propón que Lois Pereiro, Fiz Vergara Vilariño e Eusebio Lorenzo Baleirón reciban de forma conxunta esa homenaxe.

O debate en OpenVieiros
Aproveitamos para presentarvos con este tema a nova ferramenta de "Debates" en Vieiros, en probas desde a pasada noite electoral, a pé do Open Vieiros e onde calquera internauta rexistrado pode propoñer asuntos para a discusión ou comentar calquera asunto de actualidade que lle pareza de importancia para o resto da comunidade.

De xeito moi simple, con só premer no apartado "Iniciar debate" un formulario pídevos un título, afirmación ou pregunta, e unha breve explicación. Automaticamente, a proposta de discusión aparece visíbel para o resto de participantes.

Velaí un debate posíbel: Letras 2008: e ti a quen propós?


4.75/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: