Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Do musical á videocreación

Comeza Curtocircuíto na rúa

Nos meses de xullo e agosto, varias prazas compostelás converteranse en salas de cinema para as proxeccións das curtametraxes máis innovadoras.

Redacción - 12:46 04/07/2007

Animación, filmes galegos, do resto da península, internacionais, ficción e documental, videocreación ou musical, DJ's e VJ's... Volve Curtocircuíto á rúa, para gozarmos do verán co cinema ao aire libre. Presentárono en conferencia de prensa o Concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo en Compostela, Xosé Manuel Iglesias, Tim Reford, director do Festival Curtocircuíto, Mamen Quintas, directora de produción, Manuel José Fernández Iglesias, director xeral de Comunicación Audiovisual, e Manuel González, da Consellaría de Cultura e Deporte.

Sobre a programación falou o director, Tim Redford: até o 23 de agosto, todos os xoves, as prazas da zona vella compostelá acollerán as últimas tendencias do mundo da curtametraxe. A sesión inaugural, este xoves 5 de xullo, amosa os traballos gañadores de Curtocircuíto 06. Despois poderemos ver retrospectivas do panorama nacional, internacional, latinoamericano, de animación, experimental ou vídeos musicais, para rematar cunha noite dedicada á videocreación.

Compostela plató e certame internacional


O concelleiro de Promoción Económica, pola súa banda, salientou o éxito de participación que tivo esta edición do Concurso de Curtametraxes: o prazo de inscrición rematou o 30 de xuño, con nada menos que 2.695 curtas procedentes dos cinco continentes, que quintuplican ás participantes na anterior edición.

Mamen Quintas, directora de produción de Curtocircuíto, lembrou que o gañador do Concurso de Guións para Curtametraxes Compostela Plató, que ten como premio a rodaxe do guión gañador, foi Historia da arte, do madrileño Javier Batanero. Gravouse hai unhas semanas en Compostela, protagonizada por Feli Manzano, Luís Tosar, Lino Braxe, Vicente Montoto, Luís Castro Zahera e o propio director, e é unha reflexión sarcástica sobre a arte moderna e o seu afastamento da realidade das clases sociais máis humildes, producida por Ficción Producciones.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: