Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Dous equipos galegos participan na liga ACT estatal de traiñeiras

"As traiñeiriñas son un deporte e unha tradición en Galiza"

Na cuarta feira a directora xeral para o deporte presentou os dous clubes galegos que van participar na liga estatal de traiñeiras que arrinca o vindeiro sábado.

Redacción - 18:20 04/07/2007
Na presentación

Na presentación

A ACT presentouse en terras galegas nesta cuarta feira coa presenza da directora xeral para o Deporte, Marta Souto; do erente do Xacobeo, Ignacio Rodríguez; e dous directivos dos clubes galegos que van competir na ACT: o Cabo de Cruz e o Mecos. Tamén estaba presente o xerente de ACT, Iñaki Mikeo.

A competición arrinca o vindeiro sábado 7 de xullo, por primeira vez dende a costa galega: sae da Ría de Arousa, d'O Grove, e no día a seguir celébrase unha outra regata en Boiro, para despois comezar a súa habitual xira polo Cantábrico.

"Agardamos que a nosa presenza aumente, tanto en número de embarcacións como de regatas"
Marta Souto destacou, ademais na presentación, que sería bo que aumentase o número de embarcacións galegas nesta liga, e que a presenza de Galiza como sede das probas vaia aumentando, xa que no noso país "temos unhas infraestructuras naturais excepcionais, coma son as nosas rías", e hai que aproveitalas.

Liga ACT

A quinta edición desta liga de traiñeiras comeza no sábado xuntando as 12 mellores tripulacións do Cantábrico, e agora dúas máis das rías galegas, que competen pola Coroa ACT. Este ano hai 18 regatas puntuábeis que se desenvolven, segundo din dende a organización, entre o día de San Fermín e o 23 de setembro.

Durante estos tres meses, os participantes van percorrer case 1.000 quilómetros que separan O Grove de Hondarribia, en Guipúzcoa.Este ano hai novas regatas incluídas na proba, e varias actividades dirixidas aos afeccionados, para que non aborrezan. Tamén adoitan entregar unha txapela ao vencedor de cada xornada, xunto cunha Ikurriña.

Para saber máis, teñen esta web.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Imaxe das regatas de remo en augas galegas
Imaxe das regatas de remo en augas galegas
Outro dos momentos d'Os Mecos, nunha competición
Outro dos momentos d'Os Mecos, nunha competición
Os de Boiro, do clube Cabo de Cruz, preparándose para saír
Os de Boiro, do clube Cabo de Cruz, preparándose para saír
Os Mecos d'O Grove compiten este ano na ACT, con Cabo de Cruz de Boiro
Os Mecos d'O Grove compiten este ano na ACT, con Cabo de Cruz de Boiro