Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
A dous días do comezo do Tour

Pereiro demanda un xornal italiano por involucralo na 'Operación Puerto'

Na mañá da terza feira o ciclista galego puxo unha demanda contra Il Giornale de Milán, que o tiña involucrado, no mes de maio, nas tramas de dopaxe.

Redacción / EFE - 17:36 05/07/2007

Pereiro foi esta semana ao xulgado d'O Porriño, onde se atopaba, para demandar o xornal, por "intromisión no dereito de honor do corredor", segundo afirma os seus avogados e asesores fiscais da firma Landwell.

Naquela altura o xornal de Milán asegurou que as bolsas de sangue que atoparan nun dos pisos do doctor Eufemiano Fuentes, implicado nas tramas de dopaxe da chamada 'Operación Puerto', contiña a sangue do ciclista de Mos, xa que levaban escrito por riba o nome "Urko", e, segundo a publicación é o nome do can de Pereiro, o que os levou a pensar que era unha palabra chave que involucraba ao de Mos.

"Tamén Pereiro foi traizoado polo seu can"

Con estas palabras Il Giornale publicaba as informacións que acusaban a Óscar Pereiro, que sempre negou todo o relacionado coa sua implicación en calquera fraude por dopaxe.

A 'Operación Puerto'

O xulgado de Instrucción número 31 de Madrid sobreseu o caso o pasado mes de marzo xa que, no momento no que comezaba o procedemento, non existía no Estado unha norma que penalizase as condutas relacionadas coa dopaxe.

Porén, a fiscalía madrileña, a Avogacía do Estado, a Axencia Mundial Antidopaxe (AMA) e a Unión Ciclista Internacional (UCI) presentaron varios recursos a esta decisión, para desenmarcarar a xente como os doutores Eufemiano Fuentes e José Luis Merino, os directores Manuel Sáiz e Vicente Belda, e a ciclistas como o italiano Ivan Basso, o alemán Jan Ullrich e os españois Francisco Mancebo e Óscar Sevilla, que estaban implicados.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Pereiro co seu compañeiro de equipo, Valverde (www.oscarpereiro.com)
Pereiro co seu compañeiro de equipo, Valverde (www.oscarpereiro.com)
Pereiro marchou na terza a Londres, de onde vai partir o Tour
Pereiro marchou na terza a Londres, de onde vai partir o Tour