Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Prevista para o Nadal

A Coruña conmemora a creación das Mocidades Galeguistas hai 75 anos

A Concellaría de Mocidade impulsa este proxecto que contará coa colaboración de Galiza Nova e das asociacións veciñais.

Redacción - 13:00 06/07/2007

A Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística, que dirixe Ermitas Valencia, quere recuperar a memoria dos que en 1932 fundaron na Coruña as Mocidades Galeguistas.

"É un impresionante patrimonio histórico de todos os coruñeses que, en parte, temos totalmente esquecido", comentou Valencia, quen adiantou que malia que o programa aínda está por definir, as actividades non van ser "nada pomposo nin un desbaldimento de cartos", segundo informa o diario La Opinión.

Conferencias, lecturas ou edición de folletos serán algúns dos actos que se programarán para recuperar figuras como a de Pedro Galán Calvete, que dende o ano pasado dálle nome a unha rúa do seu barrio, o de Monte Alto.

Foro da Mocidade

Na organización colaborarán co concello diversas asociacións veciñais -coas que Valencia pretende pór en marcha un Foro da Mocidade, onde discutir sobre propostas e sobre que facer cos cartos municipais-, así como Galiza Nova, que por medio da súa secretaria xeral, Iria Aboi, e do comarcal, Dani Carballada, dixo sentirse "herdeira" daqueles mozos.

Carballada explicou que a idea inicial é programar as actividades para a segunda quincena do mes de Nadal co fin de conseguir a máxima participación da mocidade. Ademais, asegurou que o obxectivo é que sexa unha celebración da Coruña: "A nosa vontade non é en absoluto facer nosa esta festa de todos".


5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: