Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Vieiros do Mar

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Vieiros do Mar
EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS

O Encontro de Ferrol xunta tradición, vida e festa no peirao de Curuxeiras

Xa hai máis de cen barcos que durante a fin de semana navegarán pola ría. O encontro convértese nunha grande festa multicultural.

Redacción / Vídeo: Pedro Carrasco - 17:50 06/07/2007
Poutada en popa.

Poutada en popa.

O oitavo Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que comezou na quinta feira en Ferrol, segue moi activo, con grande participación nas sesións das Xornadas Técnicas que na mañá da sexta acolleron distintas experiencias de recuperación de barcos e abriron debate sobre o marco normativo e a políticas de defensa do patrimonio marítimo en Galiza.

A partir das 10:30 horas, os corredores da carpa situada no peirao de Curuxeiras enchéronse de música tradicional da man d'Os Estrobos. Os rapaces seguiron a xogar e a aprender toda a mañá na ludoteca e os maiores fóronse xuntando na Taberna Mariñeira, onde arredor das 14 horas comezarán os xantares mariñeiros, que patróns e demais tripulación aproveitarán para coller folgos e estar prontos para a saída ao mar conxunta, que está prevista por volta das 19 horas, para volver unha hora depois a porto.

Parece ser que algunhas das fermosas embarcacións que se xuntaron estes días en Ferrol andan algo baixas de tripulación, polo que os seus patróns ofrecen, a quen o desexe, un sitio a bordo, sempre que se obedezan as ordes do que máis manda.

Cinema e música volven ir da man
No baluarte de San Xoán proxectarase El mundo en sus manos, un filme de aventuras dirixido por Raoul Walsh e protagonizada por Gregory Peck, Anthony Quinn, Ann Blyth, John McIntire, Andrea King e Carl Esmond, onde se conta as aventuras de Jonathan Clark, o capitán da goleta La peregrina de Salem.

Unha hora antes da media noite actuará na Taberna Mariñeira o grupo Macfeck, coa súa música contaxiada de folk tradicional. Curuxeiras será testemuña dun dos seus directos acústicos que constrúen unha atmosfera internacional, mestura de raíces celtas coas da Europa do Leste, a música klezmer e toques franceses, americanos e vascos.

A goleta La Recouvrance xa chegou ao fin a Curuxeiras
Na mañá da sexta feira, o fermoso símbolo da capital d'A Bretaña chegou para participar no encontro ferrolán, despois de pasar a noite en Euskadi, arranxando unha avaría que lle impedía continuar navegando. Arredor das 11 horas xa estaba manobrando para entrar en Curuxeiras, cos seus 25 tripulantes enriba.

Mira aquí como vai indo a cousa en Curuxeiras:



4,92/5 (12 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



O Hidria Segundo, o Barco da Memoria, entra na ría
O Hidria Segundo, o Barco da Memoria, entra na ría
O Nueva Sofía navegando pola ría de Ferrol
O Nueva Sofía navegando pola ría de Ferrol
O Nueva Sofía e o Ría de Ferrol, atracados nos pantaláns
O Nueva Sofía e o Ría de Ferrol, atracados nos pantaláns
Un barco vasco pasa por diante do feísmo de Reganosa, na ría de Ferrol
Un barco vasco pasa por diante do feísmo de Reganosa, na ría de Ferrol
Preparando as velas para saír
Preparando as velas para saír