Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
56 persoas morreron no centro da cidade

Londres homenaxea ás vítimas do atentado do 7 de xullo de 2005

O primeiro ministro británico depositou un ramo de flores no xardín creado ao carón da estación de de metro de King's Cross.

Redacción - 13:00 07/07/2007
O primeiro ministro británico na estación de King's Cross, este sábado

O primeiro ministro británico na estación de King's Cross, este sábado

O primeiro ministro británico, Gordon Brown, acudiu este sábado á estación londiniense de metro de King's Cros para homenaxear ás vítimas dos atentados terroristas suicidas do 7 de xullo de 2005 en Londres.

Brown depositou un ramo de flores no xardín creado xunto a esa estación, no centro de Londres, en memoria das persoas que perderon a vida cando catro terroristas suicidas fixeron estourar as bombas que levaban nas súas mochilas.
"En lembranza e co meu máis profundo pesar", reza a mensaxe que Brown deixou xunto coas flores. Unha vez depositou o seu ramo, os familiares das vítimas fixeron o mesmo.

56 mortos e 700 feridos
O xefe de Goberno acudiu a King's Cros, a estación máis afectada por unha das explosións, acompañado polo alcalde de Londres, Ken Livingston; a responsábel das Olimpíadas de Londres 2012, Tessa Jowell, e o alcalde de París, Bertrand Delanoe.

Pouco despois, todos gardaron varios minutos de silencio antes das 8.00 horas (londiniense), cando as bombas estouraron hai dous anos. Nos atentados do 7-X, 56 persoas morreron -catro destas, os terroristas- e unhas 700 resultaron feridas.
O ataque coincidiu co cumio do G8 (os sete países máis ricos do mundo e Rusia) que tiña lugar en Gleneagles, Escocia.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: