Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
Na Festa do PNV de Iparralde

Imaz defende unha 'eurorrexión' composta polos territorios de Euskal Herria

Salienta as oportunidades que posibilita "a súa localización xeoestratéxica, entre dous estados membros da Unión Europea".

Redacción - 11:00 09/07/2007
Imaz co presidente do PNV de Iparralde, Ramuntxo Camblong, este domingo

Imaz co presidente do PNV de Iparralde, Ramuntxo Camblong, este domingo

O Partido Nacionalista Vasco (PNV) celebrou este domingo en Hazparne o Alderdi Eguna (Festa do Partido) de Iparralde, coa constitución formal da Xunta municipal desta vila de Lapurdi.

No acto, o presidente do PNV, Josu Jon Imaz, defendeu a "importancia estratéxica" de conformar unha "eurorrexión vasca", composta polas tres provincias de Euskadi e Nafarroa (Hegoalde) e as tres do Estado francés (Iparralde).

Ademais salientou as oportunidades que posibilita "a localización xeoestratéxica de Euskal Herria entre dous Estados membros da Unión Europea" para desenvolver políticas conxuntas en materia de identidade lingüística e cultural, turismo, infraestruturas, medio ambiente e colaboración institucional.


4.44/5 (9 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: