Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
Lula defende o etanol e o biodiésel

"Os biocombustíbeis democratizarán o acceso á enerxía do mundo"

O presidente brasileiro leva varios días loando os biocombustíbeis e asegurando que estes non van ameazar a Amazonía, nin reducir as áreas actualmente destinadas ao cultivo de alimentos.

Redacción - 10:51 10/07/2007
A ribeira do Amazonas

A ribeira do Amazonas

Lula da Silva salientou, no seu programa semanal de radio, que o Brasil debe estar preparado para defender os biocombustíbeis, unha "matriz enerxética revolucionaria xa comprobada hai 30 anos", das críticas "totalmente descoidas" dos seus adversarios.

"Non vamos aceptar outra vez o cartel dos poderosos do mundo tentando impedir que o Brasil se desenvolva, que se transforme nunha gran nación"
Contra as críticas dos seus adversarios políticos, que din que os biocombustíveis poden reducir a área destinada ao cultivo de alimentos, facendo que o prezo destes suba no mercado, e pode tamén contribuír á deforestación da Amazonia, Lula da Silva manifestou que non son máis que tentos para facelo caer e que "co biodiésel, nós vamos poder ter máis que cen países, é dicir, nós vamos democratizar a produción de combustíbel no mundo".

"Estaremos reducindo as asimetrías e desigualdades entre países consumidores e produtores de enerxía e previndo potenciais conflitos derivados da competición por recursos enerxéticos finitos"

Lula tamén sinalou que os países desenvolvidos que din estar contra o quecemento global, non poden pór grandes impostos á importación de biocombustíveis, xa que estes están comprometidos coa defensa do medio.

Segundo o presidente brasileiro, a solución está en incentivar o establecemento dun mercado internacional para o etanol e o biodiésel. Para isto, é indispensable que os gobernos indiquen claramente ao sector privado a súa decisión de facer dos biocombustíbeis un dos eixos prioritarios da súa axenda enerxética e ambiental. "Non podemos emitir sinais contraditorios", completou.


2,33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: