Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
balonmán

Temos derbi galego para o primeiro de decembro

Os dous equipos galegos na liga estatal enfrontaranse a finais de ano. O Pilotes Posada protesta por ter que se enfrontar aos "grandes" na primeira volta e na casa.

Redacción - 14:31 18/07/2007
Yuri Nesterov, nun encontro no Pavillón dos Deportes de Pontevedra

Yuri Nesterov, nun encontro no Pavillón dos Deportes de Pontevedra

O 15 de setembro comeza a Liga Asobal, e o Pilotes Posada volve, tras tres anos de ausencia, estreándose na casa contra o Granollers, un clásico da máxima categoría. Os do Teucro tamén voltan á liga estatal, tras pasar dous anos na División de Honra B, mais xogan na primeira xornada fóra, contra un dos ben grandes, o FC Barcelona.

O Pilotes protesta: "Queriamos recibir na casa aos equipos máis da nosa liga"
Na primeira volta da liga os sorteos déronlle ao equipo vigués partidos contra os equipos máis destacados na Asobal na casa, e contra equipos denominados "asumíbeis" polos vigueses, fóra.

Este feito fixo que se molestasen xogadores e adestrador, Quique Domínguez, quen dixo non estar "nada contento" de que os partidos decisivos sexan en Vigo, no pavillón d'As Travesas, e non fóra, xa que preferían xogar na casa con equipos acabados de ascender, coma eles, e non campións do balonmán estatal e internacional.

Todos os "equipos grandes", excepto o Barcelona, van xogar en Vigo na primeira volta
O Ademar León vai ser o primeiro equipo deses dos "grandes" en xogar n'As Travesas, na terceira xornada. En novembro virá o Portland San Antonio e os de Vigo marchan a xogar contra o Barcelona na xornada a seguir. Na décima xornada chegará o Ciudad Real a Vigo.

O ansiado Derbi galego

O partido entre os dous galegos acabados de ascender á Asobal será protagonizado polo Pilotes Posada e o Teucro de Pontevedra o 1 de decembro, na décimo-segunda xornada, n'As Travesas. A volta, o 12 de abril de 2008, non moi lonxe, en Pontevedra.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: