Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Do 22 ao 29 de xullo

Chega a mellor música de cámara

A primeira edición do Festival Cameralia achega ás vilas e cidades galegas unha chea de concertos ao longo desta semana.

Redacción - 12:51 20/07/2007

Xa se presentara o 26 de xaneiro cun espectacular concerto do Cuarteto Casals e do clarinetista José Luis Estellés, director artístico do festival, no Auditorio de Galicia. Tamén foi presentada aos medios hai unhas semanas no Auditorio polo seu director artístico, o xerente do IGAEM, Miguel Martín, e o concelleiro de Cultura de Compostela. Néstor Rego.

O programa conxuga a dobre faceta dos concertos públicos co ensino: durante esta semana poderemos gozar de concertos de alto nivel, da man dos grupos integrados polos profesores da Academia Internacional de Música de Cámara de Galicia e formacións camerísticas consolidadas. Máis dun cento de profesionais procedentes de diversos países amosarán o seu talento.

Pezas de Haydn, Schubert, Shostacóvich, Beethoven ou Mozart soarán nas vilas e cidades, pero tamén tres encargos, expresamente realizados para Cameralia: Á sombra do sol, do compositor galego Xavier Mariño, o Quinteto do portugués Alexandre Delgado, e Poética, de Jesús Torres.

Concertos e aprendizaxe


O programa divídese en dúas seccións diferentes: Os Concertos do Festival e Cameralia en Galiza. Por unha banda, gozaremos da presenza de artistas como a frautista Stephanie Winker, o óboe Christian Wetzel, o clarinetista José Luis Estellés, Joaquín Meijide (clarinete baixo), Dag Jensen (fagot), David Fernández (trompa), o pianista Eldar Nebolsin, o terceto italiano David Trio, o Cuarteto Casals, e Carlos Méndez (contrabaixo).

Pola outra, Cameralia en Galiza brindará ao alumnado da Academia a posibilidade de ofreceren concertos en Pontevedra, Lugo, Ourense, Ferrol, Lalín, Moaña e Ribadeo.


3,33/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Dag Jensen, fagot. Foto da web www.dag-jensen.de
Dag Jensen, fagot. Foto da web www.dag-jensen.de
José Luis Estellés, clarinetista e director de Cameralia. Foto da web www.joseluisestelles.com
José Luis Estellés, clarinetista e director de Cameralia. Foto da web www.joseluisestelles.com