Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SEN O SEU PERMISO

Outros tres veciños do Grove descobren que foron nas listas do PP en Euskadi

O escándalo de falsificacións de documentos para as eleccións aumenta na bisbarra de Arousa.

Redacción - 10:34 21/07/2007

O xornal La Voz de Galicia revela hoxe tres novos casos de falsidade documental en Arousa relacionados coas eleccións municipais vascas. Segundo a información, agora aparece o caso dun home que foi nunha lista do PP de Erandio, outra en Orozko e unha terceira que estaba nunha lista de posíbeis candidatos. En todos estes casos os afectados son veciños do Grove. Mais tamén dúas militantes do PP na Illa denuncian ter recibido unha carta da dirixente dos conservadores vascos María San Gil agradecéndolles o seu ofrecemento para ir nas listas.

O presidente do PPdeG só acertou a pedir desculpas e anunciou unha investigación. Agora a petición de explicacións revírase cara os dirixente do PP na bisbarra de Arousa e contra o responsábel provincial, Rafael Louzán.


4,88/5 (8 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: