Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Nova portada da revista

El Jueves responde con brincadeira á citación da fiscalía

A publicación achega na web unha portada "alternativa". Mentres, o goberno español recoñece que a norma que permitiu a intervención é "cuestionábel".

Redacción - 09:00 24/07/2007

"Esta é a portada que queríamos publicar", ironiza a imaxe introducida na web de El Jueves onde se pode ver a Felipe de Borbón caracterizado como unha abella e a cara de Letizia Ortiz abrollando dunha flor.

Os responsábeis da publicación informaron de que o número especial en resposta á acción xudicial non sairá até a primeira semana de agosto, malia que a edición desta mesma semana, pechada no momento da intervención, sairá con algunhas modificacións alusivas ao acontecido.

A Fiscalía da Audiencia Nacional española vai citar a declarar os autores da portada publicada no último número da revista El Jueves. A acusación pública cre que o debuxo pode constituir un delito de inxurias á coroa. Diante dos tribunais terán que comparecer o debuxante Guillermo e o guionista do debuxo Manel Font de Vila.


Por outro lado, a vicepresidenta do goberno español, María Teresa Fernández de la Vega, afirmou este luns que "a eficacia do secuestro de publicacións está en cuestión se temos en conta os actuais medios de difusión". "Non son partidaria de poñerlle trabas á liberdade de expresión", engadiu ao respecto do suceso, "a liberdade de expresión é un dereito fundamental a través do que cobran vida todas as institucións dun goberno democrático".


4,8/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: