Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Lembra que o elevado soldo da alcaldesa de Sanxenxo

O PSdeG acusa a Feijoo de "criminalizar" os alcaldes

Varela dixo detectar no PPdeG un "intento de confundir" entre salarios e retribucións de grupos municipais.

Redacción - 09:00 24/07/2007

En conferencia de prensa para informar dos asuntos abordados na executiva do PSdeG, a última antes do parón estival, Varela considerou "altamente sorprendente" a formulación de Feijoo, na que dixo detectar un "intento de confundir" entre salarios e retribucións de grupos municipais.

O secretario de Organización do PSdeG, Ricardo Varela, acusou o presidente do PPdeG, Alberte Núñez Feijóo, de utilizar os soldos dos alcaldes para "pretender criminalizalos" e, en resposta a súa proposta de fixar límites retributivos lembroulle que a alcaldesa de Sanxenxo, a popular Catalina González, é a que máis cobra dos 315 rexedores galegos, con 78.400 euros brutos anuais.

Ademais, subliñou que os soldos dos alcaldes galegos están "por debaixo da media" dos de localidades similares do resto do Estado e reiterou o seu chamamento ao "sentido común e ao respecto á autonomía municipal". "Nós cremos que cunha regulación interna baseándose en criterios de sensatez non pasarían cousas como as de Sanxenxo", aseverou. Así, apelou a analizar os honorarios dos primeiros edís con "sentido común, sensatez" e proporcionalidade en función dos concellos gobernados, así como a "respectar a autonomía municipal", fronte ao obxectivo que atribuíu á oposición de "sacar tallada dun debate que pode estar" nos medios de comunicación.

E porén, puntualizou que se realmente o presidente do PPdeG aspira a unha modificación da Lei de Bases de Réxime Local "que fale co seu partido" para que presente unha iniciativa neste sentido no Congreso, que é a Cámara á que competería unha reforma neste ámbito.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: