Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Acordo PSdG - BNG na Coruña

Noméanse os vicepresidentes para as Deputacións de Coruña e Pontevedra

Rafael Louzán fai público o reparto xeográfico da Deputación pontevedresa, e o sábado será nomeado vicepresidente da da Coruña Pablo Villamar.

Redacción - 18:50 26/07/2007

O popular Rafael Louzán, presidente da Deputación de Pontevedra, o popular Rafael Louzán, nomeou cinco vicepresidentes conforme a unha repartición territorial: repiten no cargo José Manuel Figueroa, voceiro e encargado da área sur da provincia, o alcalde de Lalín, Xosé Crespo, para a zona norte, Teresa Pedrosa na cidade do Lérez e José Juan Durán na bisbarra do Salnés. Por outra banda entra a ex alcaldesa de Vigo Corina Porro, que terá competencia sobre Vigo e a súa área de influencia, e deixa a vicepresidencia José Enrique Sotelo, ex alcalde de Cangas do Morrazo.

Mentres, na Deputación da Coruña, o nacionalista Pablo Villamar será nomeado vicepresidente o próximo sábado no transcurso dun pleno extraordinario que servirá, ademais, para adxudicar a repartición de áreas: el mesmo encargarase de Promoción Económica, Emprego e Turismo, e os nacionalistas Manuel Sande e Xoán Manuel Cabo, de Benestar Social, Normalización Lingüística e Igualdade e de Asistencia a Municipios respectivamente. Villamar adiantou tamén que a concelleira da Pobra, Rosana Pérez, será voceira do BNG na Deputación.

Pola súa parte, os socialistas faranse cargo de Facenda (Antonio Lagares), Persoal. con José Nogueira á fronte, Plans Especiais e Contratación, a cargo de José Manuel Pequeno, a área de Cultura, Caridade González, Infraestruturas Viarias, Bernardino Rama, e Deporte e Xuventude, José García Liñares, ademais do propio presidente, Salvador Fernández Moreda.


3.67/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: