Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
ciclismo

O Karpin Galicia desdóbrase pola península adiante

O Karpin Galicia arrinca o mes de agosto cun dos períodos competitivos máis densos da tempada: vai á Volta de Portugal e á Clásica de San Sebastián, todo na mesma fin de semana.

Redacción - 10:30 04/08/2007

O equipo galego estará o sábado na saída da Volta a Portugal e ao mesmo tempo disputará a 'Clásica de San Sebastián', carreira dun día do calendario Pro Tour. Este só é o comezo dun intenso programa de 14 días nos que se contabilizan dezaoito competicións: 11 da Volta a Portugal, 1 do a Clásica de San Sebastián, 1 da Subida ao Urkiola e 5 da Vuelta a Burgos... en todas estarán os corredores do Karpin Galicia.

18 dos 19 integrantes do Karpin Galicia pasarán a fin de semana sobre a bicicleta
A Portugal vai de Galiza un potente equipo, capitaneado por Marcos Serrano, Eladio Jiménez, Isidro Nozal e Ezequiel Mosquera, apoiados por Santos González, Luís F. Oliveira, Juan Fco. Mourón, Enrique Salgueiro e Gaizka Lasa. Sobre a rolda portuguesa, Álvaro Pino comentou que o seu equipo acode ao país veciño con "moitas ambicións e disposto a buscar a xeral con Marcos Serrano e Eladio Jiménez, aínda que terán na súa contra a contrarreloxo do último día".

Na Clásica de San Sebastián David Herrero e Carlos Castaño, tratarán de facer fronte ao pelotón do Pro Tour, apoiados por David García, Gustavo Domínguez, Serafín Martínez, Eduard Vorganov, Gustavo C. Veloso e Ramón Troncoso. Estes mesmos corredores, co reforzo de Gonzalo Rabuñal, disputarán un día despois a Subida ao Urkiola.

Deste xeito, este fin de semana, dos dezanove integrantes ciclistas do Karpin Galicia, só David Abal permanecerá inactivo, de baixa por mor dunhas molestias de xeonllo.

Álvaro Pino desprázase á Volta a Portugal para seguir "cinco ou seis etapas". Despois dirixirá ao equipo na Vuelta a Burgos, coa intención de "facer un seguimento a todo o cadro de ciclistas antes da Vuelta a España.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: