Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
As historias que o mundo debe coñecer

Un enorme colectivo mundial que é totalmente esquecido e ás veces pisado

O 9 de agosto celébrase o Día Internacional dos Pobos Indíxenas. As ONG's denuncian e enorme distancia que hai entre o marco xurídico que defende os seus dereitos e a realidade que os vulnera.

Redacción - 13:00 09/08/2007
En América Latina hai 40 millóns de indíxenas

En América Latina hai 40 millóns de indíxenas

Dende 1994, cada 9 de agosto celébrase no mundo o Día Internacional das Poboacións Indíxenas, aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas no último Congreso Internacional de Pobos Indíxenas, como mostra palpábel do interese da organización pola grave situación na que viven os máis de 500 millóns de indíxenas do mundo.

Cada ano o 9 de agosto fanse chamamentos e peticións para o cese das sistemáticos violacións dos dereitos dos indíxenas, que se fan día a día, moreas de veces por todo o planeta. Alén dos poucos organismos que velan mundialmente polo respecto dos pobos indíxenas (A Oficina da ONU sobre oficina sobre a situación dos Dereitos Humanos e as liberdades fundamentais dos pobos indíxenas e o Foro Permanente para as Cuestións Indíxenas no Consello Económico e Social), en cada país con poboación indíxena hai varias organizacións, na maior parte dos casos, non gobernamentais, e mesmo enfrontadas do goberno, que tratan de defender os dereitos dos seus poboadores máis antigos, que tanto teñen contribuído a fornecer as culturas na Terra.

Este é o segundo decenio dos dereitos internacionais dos pobos indíxenas, que se enfrontan a vulneracións tales como o racismo, a perda dos seus asentamentos históricos, as enfermidades e a violencia. Porén, para as organizacións que defenden estes pobos, o meirande problema de todos é o noso descoñecemento, a ignorancia de cómo son estes pobo, o que fai moi difícil mobilizar a xente na súa defensa.

40 millóns de indíxenas en América Latina

Un de cada cen habitantes de América Latina pertence a algunha etnia autóctona, segundo calcula a UNICEF, e entre 15 e 18 millóns son nenos e nenas.Dentro das reivindicación que se van facer nesta xornada por todo o mundo, destaca a que vai desenvolver Survival, que vai entregar unha solicitude ao Goberno do Paraguai con 57.000 firmas de apoio aos indíxenas illados ayoreo. A solicitude tamén se vai presentar en Londres, Madrid, París, Berlín e Bruselas.

Os ayoreo-totobiegosode son o último pobo indíxena illado en Sudamérica, que sobrevive fóra da cunca do Amazonas. O que a ONG reclama para eles é o título das súas terras e que se free a deforestación ilegal destas, e a súa invasión.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Un indio ayoreo-totobiegosode, do Paraguai
Un indio ayoreo-totobiegosode, do Paraguai