Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
División en Iraq

Os sunís rexeitan o novo acordo de colaboración curdo-xií

Trataríase dun pacto para formar novo goberno e relanzar a política do país. Mentres, o balance de vítimas da recente cadea de atentados sincronizados chega a 500 mortos.

Redacción - 14:30 16/08/2007

Explicou Al Maliki, o primeiro ministro, de orixe xií, que o acordo estabelecido tratará de superar a parálise no escenario político iraquí e os problemas do goberno que el mesmo lidera desde maio de 2006. O pacto foi presentado á beira de Ialal Talabani, presidente de Iraq, de orixe curda.

Maliki e Talabani recoñeceron o problema de non ter conseguido aínda o compromiso desde a comunidade suní para unírense ao proxecto, aínda que insisten en que as portas están abertas para ese consenso. As miradas van cara ao Partido Islámico Iraquí, formación da que se considera que representa un sector "moderado" da comunidade suní e que lidera Tariq al Hashemi, un dos actuais vicepresidentes.

Sobe o número de vítimas dos últimos ataques
A CNN informou nas últimas horas de que o balance da recente vaga de atentados sobe a cando menos 500 mortos.

Ao tempo que os equipos de rescate conseguiron ir accedendo ás vivendas esnaquizadas polos catro camións cargados de combustíbel e conducidos por cadanseu suicida, o número de corpos atopados aumenta. A última hora conta dunha cifra de arredor de medio milleiro de falecidos.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: