Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
CON VESTUARIO 'ESPECIAL' PARA AS AZAFATAS

Os avións de 'Air Deus' viaxarán a Compostela

O Vaticano firma un acordo con Mistral Air, fundada por Bud Spencer, para crear unha liña aérea de baixo custe que unirá centros de peregrinación.

Redacción - 13:27 23/08/2007
Un dos avións de Mistral Air

Un dos avións de Mistral Air

Mistral Air, unha compañía aérea italiana, acaba de firmar un acordo co Vaticano para montar unha liña aérea que enlace os principais lugares de peregrinación do mundo cristiá. Entre os destinos previstos está, como non, Santiago de Compostela.

O primeiro voo a Lourdes partirá de Roma a vindeira semana, pero non haberá enlaces ás outras cidades ata 2009. Ademais de Lourdes e Santiago, haberá “voos sacros” a Fátima, Guadalupe (México), Xerusalén e o santuario polaco de Czestochowa.

Aínda non se coñecen os prezos, pero un voceiro do Vaticano asegurou ao diario 'La Republica' que serán “moi reducidos” pois están destinados a peregrinos. A liña operará tres avións Boeing 737.

Uniformes especiais para as azafatas
O acordo tamén inclúe pintar os fuselaxes destas aeronaves co salmo “Busco o teu rostro, Señor”.Os aparellos manterán as súas cores actuais, que son as do Vaticano, branco e amarelo. Para as azafatas haberá un uniforme especial adaptado aos gustos papais.

Fundada por Bud Spencer
Mistral Air é propiedade do grupo transalpino Poste Italiana (o Correos italiano) e traballa sobre todo con avións de carga. Curiosamente, foi fundada en 1981 polo actor Bud Spencer, famoso polos golpes que repartía nas súas películas.

O vicepresidente da Obra Romana de Peregrinacións (a entidade papal que asinou o acordo), Liberio Andreatta, defende que os voos incrementarán o número de peregrinos.


Ligazóns

4.2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: